Unai Emery deixa a Liga e marcha camiño da Premier League
O adestrador formado en Galicia adestrará o Aston Villa, que pagou 6 millóns de euros
Unai Emery deixa de adestrar o Vilarreal para marchar ao Aston Villa. Comunicouno esta tarde o técnico. O club inglés ofrécelle o adestrador vasco un proxecto a longo prazo. Un contrato de cinco temporadas e un salario de 7 millóns de euros por temporada.
O Vilarreal ingresará 6 millóns que ten o técnico na súa cláusula de rescisión. Emery xa non sentará no banco este xoves no partido da Conference League.
Hai que lembrar que Emery se formou como adestrador en Galicia na súa etapa como xogador do Rácing entre os anos 2000 e 2002. A súa relación coa nosa terra sempre foi estreita á hora de buscar colaboradores como Juan José Vila no Valencia ou Pablo Rodríguez Méndez no Vilarreal.