Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un neno de 11 anos, agredido sexualmente por varios compañeiros de colexio en Portugal

Un neno de 11 anos, agredido sexualmente por varios compañeiros de colexio en Portugal

A Junta de Freguesia denunciou que no mesmo colexio hai "agresións constantes practicadas por algúns alumnos"

G24.gal 27/01/2024 16:07

Un neno de 11 anos foi agredido sexualmente cunha vasoira por varios compañeiros, nun colexio de Vimioso, no nordés de Portugal.

A Junta de Freguesia, o órgano de carácter municipal, informou nun comunicado que a agresión se produciu o venres 19 de xaneiro, cando un alumno do Agrupamento de Escolas da localidade de Vimioso foi "sodomizado por varios compañeiros". A agresión produciuse en presenza de traballadores do centro, "que non fixeron nada", segundo reportou a Junta.

Fontes da Garda Nacional Republicana (GNR) explicaron que se está investigando se efectivamente había algún traballador presente no momento no que se produciu a agresión. O corpo policial tivo notificación deste suceso tres días despois, a través do centro de saúde ao que acudiu o neno.

A GNR non confirmou o número de agresores, aínda que xa se identificaron a varios e o caso está baixo investigación. Segundo medios locais, os actos foron cometidos por oito alumnos de entre 13 e 16 anos.

O caso foi derivado á Policía Xudicial e ás autoridades xudiciais. A Junta de Freguesia denunciou que no mesmo colexio hai "agresións constantes practicadas por algúns alumnos" e que outra estudante foi "forzada" por varios compañeiros a "contactos íntimos".

"Vívese un clima de terror, xa que a escola non ofrece condicións de seguridade e renuncia ao seu deber de aseguralas", denunciou o órgano municipal, afirmando que hai nenos que se negar a ir ao colexio por medo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade