Cargando resultados...
Un mísil ruso entra no espazo polaco e pon en alerta a súa Forza Aérea
Un mísil ruso entra no espazo polaco e pon en alerta a súa Forza Aérea
Estivo 39 segundos e foi detectado polos radares
![O ministro de Defensa polaco, Wladyslaw Kosiniak](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2024/20240324/202403240282WD-UKRAINE-CRISISATTACK-POLAND_O__frame_5671.png)
G24.gal
24/03/2024 13:21
Última actualización 24/03/2024 13:36
Un mísil ruso entrou no espazo aéreo polaco durante 39 segundos e foi detectado polos radares, polo que o país comunitario puxo en alerta a súa Forza Aérea.
"Ás 4:23 horas deuse unha intrusión do espazo aéreo", escribiron as Forzas Armadas polacas na súa conta de X.
Segundo informan as autoridades, o mísil estivo 39 segundos no espazo aéreo polaco e foi observado permanentemente nos radares.
"Tomáronse todas as medidas para garantir a seguridade do espazo aéreo polaco. Por iso os cidadáns poderán ter molestias polo ruído, sobre todo no sueste", agrega a mensaxe.
Polonia limita no sueste con Ucraína onde se rexistrou ao longo da noite un gran movemento de avións e mísiles rusos.