Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un miniestadio e unha residencia, na ampliación de Afouteza

Un miniestadio e unha residencia, na ampliación de Afouteza

A Xunta declara Afouteza como Proxecto de Interese Autonómico e o Celta anuncia que as obras comezarán de xeito inmediato

A cidade deportiva disporá de un mini estadio para 4.000 persoas, 5 campos de adestramento e un centro de formación

Tamén haberá clínica, residencia, hotel e restauración 

G24.gal 15/04/2025 12:24

A cidade deportiva situada en Mos segue medrando despois de que a Xunta declarara Galicia Sports 360 como un Proxecto de Interese Autonómico. O Celta anunciou que as obras darán comezo inmediatamente. 

O complexo deportivo, que xa contaba con dous campos de adestramento, contempla a construción dun miniestadio con capacidade para 4000 persoas e de 5 campos máis de adestramento para os equipos xuvenís, cadetes e As Celtas. Tamén contará cun centro de formación, onde se impartirán clases de ciclos universitarios e de FP.

Amais, Afouteza gozará dunha residencia para hospedar aos xogadores e xogadoras das categorías inferiores e un hotel para visitantes. Tamén haberá zona de restauración e unha clínica deportiva con laboratorio de investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos