Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home fire á súa muller dun tiro e logo suicídase en Torrejón de Ardoz

Un home fire á súa muller dun tiro e logo suicídase en Torrejón de Ardoz

A víctima tivo que ser hospitalizada en estado levo tras recibir un tiro na man

G24.gal 16/02/2024 09:13

Un home de 33 anos disparou este xoves contra a súa muller e posteriormente suicidouse coa mesma arma. Segundo fontes de Emerxencias 112 Comunidad de Madrid, os feitos ocorreron sobre as sete e media da tarde no interior dunha vivenda da rúa Río Torote, en Torrejón de Ardoz. 

Segundo as primeiras investigacións da Policía, o home lanzou un primeiro disparo contra a muller, pero fallou. Foi nun segundo tiro cando lle deu na man e a feriu. A vítima correu a esconderse nun cuarto e o home suicidouse.

Cando chegaron á zona, os efectivos de SUMMA 112 atenderon a muller, que presentaba ferida por arma de fogo nunha man, e trasladárona en estado leve ao Hospital de Torrejón.  Os sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do tirador.

Ata a zona tamén se desprazaron membros das policías xudicial e científica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade