Cargando resultados...
Un gol anulado e un posible penalti a Aspas, as dúas xogadas que reclama o Celta
O árbitro non foi revisar no VAR ningunha das dúas xogadas
G24.gal
31/03/2024 16:08
Houbo dúas xogadas polémicas no partido de Balaídos. Na primeira o árbitro anulou un gol de Jailson (minuto 66) por unha falta anterior de Carlos Domínguez.
Houbo outra xogada en que se pediu penalti sobre Iago Aspas por unha acción de Espino. Xa estabamos no engadido e o capitán do Celta asegura que o toque do Pacha lle impide rematar no último intre.