Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Celta optimista visita un Barcelona líder e ferido pola Champions e as lesións

Un Celta optimista visita un Barcelona líder e ferido pola Champions e as lesións

No Barça están feridos pola polémica derrota en Champions e polas numerosas lesións, acumula sete mancados

Iago Aspas volverá medirse cunha das súas vítimas favoritas

G24.gal 06/10/2022 16:07 Última actualización 06/10/2022 16:13

O Celta visita a un Barça líder e ferido. Ferido pola polémica derrota en Champions e polas numerosas lesións, acumula sete mancados.

Visitan os celestes un Camp Nou que non se lles deu de todo mal. Puntuaron en dúas das súas últimas cinco visitas. Este ano esperan repetir.

Carlos Mouriño estará no palco, descoñécese se Coudet fará o propio no banco. Polo momento segue ausente por motivos familiares.

No Camp Nou podería repetir titularidade Gabri Veiga. Unha vez que tomou o mando da medular céltica, o seu seguinte reto chegará ante o Barcelona, rival fronte o que debutou como titular hai xustamente dous anos.

Iago Aspas volverá medirse a unha das súas vítimas favoritas. Dende que regresou ao Celta en 2015, o moañés enfrontouse 14 veces ao Barça en liga, nas que meteu dez goles e deu tres asistencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar