Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína presenta un programa de 720.000 millóns de euros para reconstruír o país

Ucraína presenta un programa de 720.000 millóns de euros para reconstruír o país

Para financiar o programa, o Goberno de Ucraína reclama que se utilicen os activos confiscados a Rusia e aos oligarcas sancionados polos aliados

G24.gal 05/07/2022 08:20

O Goberno de Ucraína estima que serán necesarios 720.000 millóns de euros para reconstruír o país despois da guerra.

O primeiro ministro ucraíno presentou en Suiza o plan de reconstrución elaborado por Kíiv, que se divide en tres fases, comezando pola recuperación dos servizos e infraestruturas esenciais.

Para financiar o programa, o Goberno de Ucraína reclama que se utilicen os activos confiscados a Rusia e aos oligarcas sancionados polos aliados.

O resto deberá saír de créditos brandos, investimentos do sector privado e do propio presuposto de Ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade