Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos na Coruña pola presunta violación dunha menor

Tres detidos na Coruña pola presunta violación dunha menor

A vítima ten tan só 13 anos, e os presuntos violadores, entre 25 e 30.

Os tres residen no edificio ocupado ilegalmente no número 150 da Rolda de Nelle

G24.gal 07/09/2023 13:54 Última actualización 07/09/2023 15:18

Tres individuos de entre 25 e 30 anos quedaron en liberdade con cargos nas últimas horas na Coruña despois de ser detidos o luns por unha presunta agresión sexual a unha rapaza menor de idade.

O suposto ataque tivo lugar nun dos pisos do edificio ocupado na súa totalidade no número 120 da Rolda de Nelle. Alí residen os detidos, os tres de nacionalidade alxeriana e con numerosos antecedentes policiais.

Os feitos remóntanse ao pasado 10 de agosto, cando a moza, de tan só 13 anos, acudiu á comisaría da Policía Nacional para presentar unha denuncia.

Os axentes encargados da investigación solicitaron unha serie de probas de ADN dos sospeitosos, cuxo resultado se recibiu o pasado luns, 4 de setembro.

Os tres homes foron detidos horas máis tarde e pasaron onte á disposición do Xulgado de Instrución Número 2 da cidade, que decidiu deixalos en liberdade, pero con cargos.

Protestas contra o edifico ocupado da ronda de Nelle

Os veciños da ronda de Nelle urxen unha "solución xa". Unha resposta das administracións para o desaloxo dun edificio que leva ocupado desde hai máis de dez anos.

Os veciños denuncian unha situación insostible que esta semana medraba coa detención de tres dos ocupas acusados da presunta agresión sexual.

A conflitividade, din, é diaria. Conviven con liortas, ruído. "Non teñen nada que perder", contanos un veciño que di estar ameazado. "Se hai un roubo ou atraco por aquí preto é un refuxio para eles. Cada pouco está a policía pero fai o que pde facer", engade outro afectado.

Porque os donos do inmoble non denuncian a ocupación... e iso complica que se poida intervir. Din que é un perigo para a seguridade e a saúde. "Caen cristais porque as ventás están rotas" "Hai cheiros. Non teñen auga e tiran todo pola ventá"

Din que van seguir coas protestas ata que alguén poña unha solución a este problema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade