Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tiroteo e secuestro en Sanlúcar de Barrameda

Tiroteo e secuestro en Sanlúcar de Barrameda

Localizan nunha estrada con varios disparos a persoa que presuntamente era secuestrada horas antes na barriada

 A vítima, en estado grave, foi trasladada ao hospital

G24.gal 20/02/2024 13:11

Dous homes encapuchados e armados acurralan a vítima no seu coche. Tras realizar varios disparos, obrígano a entrar nunha furgoneta e foxen do lugar. O suceso era presenciado por varios veciños. 

"Había tres coches, os encapuchados pararon o coche, dispararon e levárono", conta un veciño. Outra engade que eran dous encapuchados.

Os feitos ocorreron a plena luz do día e a escasos metros do colexio que hai na barriada.

"Nos isto nunca o vivimos". "Aquí nunca pasou algo así", aseguran os veciños.

Horas máis tarde, a vítima era localizada nunha estrada con varios disparos. Trátase dun cidadán marroquí de 33 anos.

"Segundo din, foi un axuste de contas", comenta unha veciña.

Esta é a liña de investigación coa que traballa a policía. De momento non houbo detencións. A vítima ingresou en estado grave no hospital. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade