Cargando resultados...
Tirotean o coche do xogador vigués Iago Falque en Colombia
No momento do ataque só estaba dentro o seu chofer, que saíu ileso
G24.gal
19/08/2023 16:19
O coche en que habitualmente se traslada Iago Falque na cidade de Cali (Colombia) sufriu un ataque con tres disparos nas últimas horas. O xogador vigués non se atopaba nese momento no vehículo, no que si estaba o seu chofer, que saíu ileso.
Nun vídeo que fixo o propio condutor mentres amosaba os impactos de bala explicou a súa sospeita de que trataba dun intento de roubo.
Segundo o xornal El País, os responsables foron varias persoas que ían nunha moto e que intentaron facer un atraco. Os disparos impactaron na ventá do asento traseiro esquerdo.
Falque (33 anos) leva lesionado desde o mes de maio por mor dunha fractura de tibia.