Publicador de contidos
Publicador de contidos

TikTok denuncia os Estados Unidos por unha lei que ameaza con vetar o seu uso no país

TikTok denuncia os Estados Unidos por unha lei que ameaza con vetar o seu uso no país

O Congreso dos EUA aprobou unha norma para que ByteDance venda as operacións da rede social no país

A empresa alega que esa lei  é unha "afirmación de poder extraordinaria e inconstitucional"

G24.gal 07/05/2024 19:23

TikTok cumpriu este martes coas súas ameazas e interpuxo unha demanda ante un tribunal do distrito de Columbia coa intención de bloquear unha lei estadounidense que podería obrigar a prohibir a popular aplicación en todo o país.

A empresa advertira que emprendería accións legais en abril, despois de que o Congreso de Estados Unidos aprobou dita lei que obriga a ByteDance, un conglomerado tecnolóxico chinés, a vender as operacións da rede social no país norteamericano ou enfrontar unha prohibición para operar.

"O Congreso tomou a medida sen precedentes de sinalar expresamente e prohibir TikTok: un vibrante foro en liña de debate e expresión protexido utilizado por 170 millóns de estadounidenses para crear, compartir e ver vídeos a través de Internet", dita a demanda.

A empresa alega que a "a lei para protexer os estadounidenses das aplicacións controladas por adversarios estranxeiros", que obrigará a pechar TikTok no país antes do 19 de xaneiro de 2025, é "unha afirmación de poder extraordinaria e inconstitucional". O 24 de abril anunciouse que ByteDance tiña 270 días para atopar un investidor dun país que non sexa un "adversario estranxeiro" para venderlle a empresa, algo ao que se negou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade