Publicador de contidos

Publicador de contidos

Terceira vitoria seguida do Coruxo, que xa mira cara aos postos de ascenso

Terceira vitoria seguida do Coruxo, que xa mira cara aos postos de ascenso

Derrotou por 3-0 ao Arousa con goles de Chiqui, Mateo e Aarón

G24.gal 20/02/2022 14:14

Chiqui fíxose grande en Fragoselo e acabou resultando decisivo na vitoria ante o Arousa. Súas foron as mellores ocasións do Coruxo no primeiro tempo, nas que unhas veces Álex Cobo e outras a falta de precisión impediron que os vigueses marchasen con vantaxe ao descanso.

Chiqui seguiu facendo das súas nada máis volver da caseta, como por exemplo, o gol que abría o camiño do triunfo logo dunha magnífica acción individual no minuto 65. A entrada de Youssef na segunda parte deulle claridade ao ataque verde, como confirmou Mateo Míguez marcando o dous a cero tras un pase do marroquí.

O tres a cero definitivo chegaría no tempo engadido, noutra nova xogada individual, esta vez de Aarón, que percorre sesenta e metros antes de bater a Alex Cobo.

Terceira vitoria consecutiva do Coruxo que supera o Arousa na clasificación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade