Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sumar formaliza o ascenso de Errejón como novo portavoz no Congreso

Sumar formaliza o ascenso de Errejón como novo portavoz no Congreso

Enrique Santiago foi elixido voceiro substituto

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, saúda a deputada de Sumar Marta Lois en presenza do deputado desta formación Iñigo Errejón este martes no pleno do Congreso dos Deputados en Madrid que debate a lei de amnistía. ( EFE/ Borja Sánchez Trillo) O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, saúda a deputada de Sumar Marta Lois en presenza do deputado desta formación Iñigo Errejón este martes no pleno do Congreso dos Deputados en Madrid que debate a lei de amnistía. ( EFE/ Borja Sánchez Trillo)
G24.gal 30/01/2024 16:11

Sumar formaliza o nomeamento de Íñigo Errejón como novo portavoz do grupo no Congreso. Toma o posto en susbtitución a Marta Lois, quen este martes oficializou a súa saída do posto para centrarse na campaña como candidata ás eleccións galegas.

Trátase dunha elección proposta por Sumar e consensuada co resto de formacións, segundo recalcaron desde a coalición.

O propio Errejón manifestaba a través da rede social X a "honra" que é para el que Sumar depositara a súa confianza para elixilo portavoz parlamentario. Tamén agradeceu a Lois o "paso adiante" para que "haxa cambio político en Galicia":

Coa marcha de Lois tamén se designa un novo portavoz substituto: o deputadado de IU, Enrique Santiago. 

Doutra banda, as portavocías adxuntas de Sumar seguen sen cambio e seguiranas ostentando Aina Vidal (En Comú Podem), Águeda Micó (Compromís) e Jorge Puego (Chunta), en alternancia neste último caso co deputado de Més Vicenç Vidal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade