Publicador de contidos

Publicador de contidos

Starfelt xogará o pase ao Mundial mentres a Romanía de Radu cae eliminada

Starfelt xogará o pase ao Mundial mentres a Romanía de Radu cae eliminada

O porteiro do conxunto celeste foi titular na derrota diante de Turquía e o central sueco entrou no minuto 37 na vitoria sueca en Ucraína

G24.gal 27/03/2026 09:56

O porteiro do Celta Ionut Radu non poderá loitar por xogar o seu primeiro Mundial. Romanía caeu eliminada diante de Turquía nun encontro no que Radu xogou os noventa minutos, xa recuperado das molestias que tivo no xemelgo o pasado domingo contra o Alavés. Mala nova para o porteiro e boa para un conxunto vigués que poderá contar co seu porteiro titular desde o luns para preparar a vindeira cita ligueira. 

Non acontece o mesmo cos xogadores suecos Carl Starfelt e Williot Swedberg. Suecia gañou en Ucraína por 1-3 cunha tripla goleadora do dianteiro do Arsenal Viktor Gyokeres. Williot non entrou na convocatoria por un proceso gripal. Starfelt comezou o partido no banco de suplentes pero tivo que entrar no minuto 37 despois da lesión do central do Atalanta Isak Hien. Suecia chega á última eliminatoria para disputar o Mundial e enfrontarase contra a Polonia de Lewandowski. 

Borja Iglesias é o cuarto internacional absoluto en representación do primeiro equipo do equipo vigués e xogará esta noite en Vilarreal diante de Serbia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade