Son xa 357 os bares con Soletes en Galicia, tras os novos 24 concedidos pola Guía Repsol
A Coruña é a provincia galega que máis distincións novas incorpora, un total de oito
Lugo e Pontevedra conseguen seis e Ourense obtén catro novos Soletes
O bar La Bombilla, na Coruña, foi condecorado con un dos 24 novos Soletes concedidos pola Guía Repsol
A Guía Repsol seleccionou máis de 300 novos Soletes, en España, unha distinción que recoñece o valor dos negocios que resistiron o paso dos ano e as modas sen perder encanto e clientela.
24 destes novos establecementos están en Galicia, que suma 357 Soletes en total.
Por provincias, na Coruña seleccionáronse: Eiquí Café, Flaco e Nómada Café, en Santiago de Compostela; Ferrador, en Noia; La Bombilla, na Coruña; O Bacoriño, en Ferrol; Onde Keiras, en Ames, e Pancomido, en Boiro.
Con respecto a Lugo, os elixidos foron: Caserio Meiroi, en Navia de Suarna; Ebos, en Vilalba; Faragullas, en Mondoñedo; La Salina, en Sarria; Ramón, en Lugo, e Trespés, en Monforte de Lemos.
En Ourense, os Soletes outorgáronse a Casa Pepiña, en Allariz; Mexicano en Brasas, en Toén; O Birrán, en Ribadavia, e Toxo Gastro, en Ourense.
Finalmente, en Pontevedra recaeron en: Caralludo by Chuchi, en Meaño; La Renovadora, en Pazos de Borbén; Loureiro, en Bueu; María Manuela, en Vigo; O Triskel, na Illa de Arousa, e 'Trece Restobar, en Soutomaior.
Desde o nacemento dos Soletes, no verán de 2021, os establecementos premiados están clasificados en seis categorías diferentes: bares, barras e tascas, cafeterías e pastelerías, restaurantes e casas de comidas ou viñotecas e coctelerías.