OPINIÓN
Só queren o seu, por Venancio Salcines
Europa equivócase cando pensa que os EUA queren mellorar a súa balanza comercial intensificando as súas vendas na Unión. E non é así, o que quere e substituír importación por fabricación propia. Desexa industrializar os Estados Unidos e para iso intenta que os produtos de fóra sexan mais caros. Por iso e complexo que acepten a proposta europea de aranceis cero para os produtos industriais.
Estamos, polo tanto, ante un risco de arrefriamento que pode levar Alemaña a unha recesión e provocar un crecemento practicamente nulo de Francia. Dado que estes, con Portugal, son os nosos mercados principais, non sería unha boa noticia. O que é malo para os teus clientes e malo para ti. Por iso, é probable que España poida sentir con máis impacto do previsto o arrefriamento económico que está por chegar.
No caso norteamericano, que arrancaba un ano con unhas expectativas fortes de crecemento, será difícil que acade unha recesión, pero, con toda seguridade, sufrirá, e de xeito importante, os efectos económicos da política arancelaria do seu presidente.