Cargando resultados...
Simón Lamas colle o testemuño de Rubén de la Barrera á fronte do Vizela
Simón Lamas colle o testemuño de Rubén de la Barrera á fronte do Vizela
G24.gal
25/11/2024 21:07
O adestrador chairego Simón Lamas será o adestrador do Vizela portugués en substitución do coruñés Rubén de la Barrera, que foi cambiado polo club. O equipo marcha na décima posición do campionato, moi lonxe dos seus obxectivos iniciais de regresar á máxima categoría do fútbol portugués, que perderon o ano pasado.
Dentro da galeguización do seu corpo técnico, Simón chegara en agosto para adestrar o equipo sub-23 e agora tocaralle levar as rendas do primeiro equipo. O adestrador ten experiencia no Racing Vilalbés, co que xogou en División de Honra xuvenil e co que conseguiu o fito histórico do ascenso a Segunda Federación no primeiro equipo malia ser un dos técnicos máis novos da Terceira galega.