Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta cae ante o Español e afástase de Europa (3-1)

O Celta cae ante o Español e afástase de Europa (3-1)

O conxunto celeste perde unha gran oportunidade de achegarse aos postos europeos

Os vigueses seguen sen carburar nos partidos fóra da casa

Iago Aspas fixo crer na remontada pero Cheddira rematou por sentenzar o encontro

G24.gal 30/11/2024 17:47 Última actualización 30/11/2024 21:33

O Celta perde un importante partido fronte ao Español e afástase das zonas europeas.  O conxunto celeste resucita aos pericos e volve a mostrar unha gran fraxilidade fóra da casa. Na primeira metade, os vigueses non mostraron practicamente ningún perigo na parcela ofensiva e foi o Español quen rematou castigando no marcador a través do gol de Cardona.

Xa na segunda parte, Cabrera aproveitou un rexeitamento do seu propio remate de cabeza á saída dun córner e fusilou a Guaita sen que o gardameta puidera facer nada. No minuto 83, Iago Aspas transformou un penalti que parecía darlle ás ao Celta para tentar a remontada como xa fixera unha semana antes ante o Barcelona. Con todo, un man a man transformado por Cheddira tres minutos despois remataría por sentenciar o encontro. Deste xeito, o Español colle ás para saír do descenso e o Celta segue castigando a fraxilidade defensiva e a debilidade fóra da casa.

Tras o partido, Iago Aspas explicaba así a derrota: "Non estivemos cómodos co balón, aínda que tivemos moita posesión. Na primeira que tiveron, marcaron. E logo, nun córner, fixeron o 2-0. Na Primeira División, é moi difícil remontar cando vas dous abaixo".

Pola súa banda, Borja Iglesias céntrase xa no partido de Copa: "Cambiar o chip. Estas situacións de ter un partido cada pouco tempo non pasan moito. É unha oportunidade para aprender, porque temos moito que aprender deste partido. Temos moita ilusión na Copa, a polo partido do martes".

Minuto a minuto

O Ceta visita nesta xornada a un Espanyol moi necesitado de puntos, que se atopa penúltimo na clasificacións despois de encaixar unha goleada contra o Xirona na pasada xornada. Os celtistas, en cambio, chegan de empatarlle ao líder nun partido épico, preto de postos europeos e coa moral polas nubes

Manolo González aposta por catro cambios respecto a aliñación do último partido. Son titulares Pol Lozano, Brian Oliván, Cardona e Justin

 

Pola súa parte, Claudio Giráldez tan só introduce o cambio de Damián con respecto a aliñación coa que se enfrentou ao Barcelona

 

1'

Comezou o partido en Cornellá, Español 0-0 Celta

8'

Primeiro achegamento do Español que remata en córner, sacado sen problemas para Guaita

14'

Primeira ocasión clara do Celta, remata Javi Rodríguez desde dentro da área, pero o balón marcha cruzado

17'

Boa combinación do Celta pola esquerda, con centro de Ilaix e remate de Douvikas que non atopa portería

23'

Ocasión clarísima do Español. Centro desde a esquerda e Jofre, completamente so, remata moi cruzado

39

1-0 Gol de Irving Cardona. Adiántanse os pericos cun potente disparo do '24' do Espanyol despois dun contragolpe 

45

Descanso no RCDE Stadium. Manda o Español no marcador grazas ao tanto anotado por Irvin Cardona

Comeza a segunda metade deste Español 1-0 Celta

48

Disparo dende lonxe de Ilaix Moriba que se marcha desviado

51

Voou Guaita!!! Tiro potentísimo dende fóra da área de Jofre e boísima resposta do gardameta do Celta

53

2-0 Gol de Cabrera. O defensa blanquizaul remata de cabeza un córner, favorécelle o rechace e fulmina a Guaita para facer o segundo do Español

60

Remate de volea moi desviado de Marcos Alonso á saída dun córner

68

Reclamaba penalti Mingueza despois de rematar desviado dende dentro da área. Non indicou nada o colexiado

71

Rematou de primeiras Iago Aspas un centro lateral e o disparo marchouse alonxado da portería españolista

78

Segue a intentalo o Celta. Esta vez foi Bamba o que probou sorte dende lonxe pero non conseguiu conectar ben co balón

2-1 GOOOOOL DE ASPAS. Recorta diferenzas o Celta de penalti e ten menos dez minutos para empatar

87

3-1 Gol de Cheddira. O dianteiro españolista establece de novo a diferenza de dous a prol dos cataláns batindo por baixo a Guaita

Final do partido en Barcelona. O Español imponse por 3-1 ao Celta e impide aos vigueses achegarse a postos europeos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade