Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uns brillantes Mella e Lucas forzan o empate en Riazor (1-1)

Uns brillantes Mella e Lucas forzan o empate en Riazor (1-1)

O Deportivo empata ante un perigoso Spórting de Xixón e manténse, de momento, fóra do descenso

G24.gal 24/11/2024 15:06 Última actualización 24/11/2024 18:28

Minuto a minuto

O Deportivo xoga en Riazor diante do Spórting. Os dous equipos perderon na última xornada e tentar que as xeiras negativas non se prolonguen. Haberá moitos afeccionados de Xixón na Coruña, un gran ambiente dun partido que se xogou moitas temporadas en Primeira División.

Xa coñecemos o equipo do Sporting. Róber Pier no centro da defensa

O Deportivo recupera a Ximo, Mfulu, Obrador, Mella e Lucas

1

ARRINCA O PARTIDO EN RIAZOR!!! O Deportivo pon en xogo a pelota

2

O Sporting xa tivo a primeira ao pouco de comezar o encontro cun remate que se foi por pouco polo lateral. Córner para os de Xixón

5

Segue asoballando o Spórting con moita verticalidade

7

Continúan defendendo con garra os deportivistas

10

O Spórting non deixa de asoballar a área rival cun remate que se foi fóra por pouco

11

Córner para os de Xixón ben defendido polos coruñeses

12

Centro de Otero repelido pola defensa deportivista

13

Remate de espuela de Otero que sae por arriba da portería de Helton Leite

16

Boa internada de Mella que deixa un balón para Lucas que centra sen moito éxito

18

Presiona agora o Deportivo con boas internadas en campo rival

19

Intentan conectar sen éxito Mella e Ximo Navarro

21

Volve a atacar o Sporting esta vez con menos éxito, o balón en largo foise por moito

24

Toca de cabeza Pablo Vázquez, mais estivo atento o gardameta Rubén Yáñez

26

Corta con facilidade o Spórting a internada de Mella

28

Toca Mario Soriano de cabeza para Helton Leite o centro do Spórting

28

Primeiro cartón amarelo para Guille Rosas o lateral do Spórting tras a súa entrada sobre Barbero. É Lucas o encargado de poñer en xogo a pelota

30

Pasease pola área o centro do Spórting

35

Cae Lucas Pérez dentro da área rival. O árbitro non sinala nada ao respecto

36

Non consegue rematar Queipo o centro do seu compañeiro

37

Vaise fóra o remate do colombiano Otero dende a larga distancia.

38

Repele o gardameta o potente disparo de Mella dende fóra da área. A máis clara do Deportivo ata o momento

41

Manda Ximo Navarro a saque de curruncho unha boa internada do Spórting

44

Deten Leite un bo remate a bocaxarro de Otero

45

FINAAAL DA PRIMEIRA METADE EN RIAZOR!! Táboas no marcador (0-0) cun Spórting que está causando dano coa súa verticalidade e un Deportivo perigoso pola banda de Mella

45

ARRINCA A SEGUNDA METADE EN RIAZOR! Sen movementos nos banquillos de ambos equipos

46

PARADÓN DE LEITE!! O gardameta deportivista repele un clarísimo remate de Queipo

50

Sen perigo o centro do Spórting á area do Deportivo

52

Arriba o disparo de Nacho Martín

53

Golpe na cara a Barbero que se levanta sen problemas

57

Cortada sen problemas a internada de Obrador en campo rival.

62

Cae tendido Nacho Martín tras un choque con Barbero. Semella que o xogador do conxunto asturiano levou un golpe no nariz

67

Fóra de xogo a internada de Lucas Pérez que deixaba un remate en boca de gol para Mella que foi cortada polo defensa

70

Cambio nas filas do Spórting, sae Dani Queipo e entra César Gelabert

73

Dobre cambio no Deportivo entra Petxarroman por Ximo Navarro e Cristian Herrera por Ivan Martínez

73

Sae repelido por Leite o remate mordido de Dubasin

76

Cambio no Spórting sae Juan Otero e entra Víctor Campuzano

77

GOL DO SPÓRTING. Unha brillante definición de Nacho Méndez adianta ao Spórting (0-1) en Riazor

85

GOOOOOOL DO DEPORTIVO!!! Anota David Mella tras un excelso pase de Lucas Pérez que pon o 1-1 en Riazor

87

Posible penalti en Riazor a favor do Spórting. O árbitro decide non revisalo

90

Dobre cambio no Deportivo sae Mella por Álex Alfaro e Obrador por Sergio Escudero

91

Tivoa Cristian Herrera para sentenciar o encontro, mais unha boa man de Rubén Yáñez impediuno

92

Sae Nacho Martín por Jesús José Bernal nas filas do Spórting

96

Remate de Campuzano que se vai fóra no último minuto de partido

97

FINAL EN RIAZOR! Reparto de puntos nun partido no que calquera puido levarse a victoria (1-1)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade