Publicador de contidos

Publicador de contidos

O VAR evita o triunfo do Celta no minuto 97

O VAR evita o triunfo do Celta no minuto 97

G24.gal 13/08/2022 16:07 Última actualización 13/08/2022 19:55

Minuto a minuto

Xa temos equipo do Celta. Non hai sorpresas!! Catro das fichaxes (Marchesín, Unai, Óscar e Paciencia) no once inicial e os outros catro agardando desde o banco. No Español Joselu é o referente en ataque.

 

1

Comeza o partido!!! O Celta leva seis temporadas sen gañar o primeiro partido do campionato

8

Ao pau Darder!!!! Moi bos primeiros minutos do equipo de Diego Martínez

 

20

Aproximación do Celta. Gonçalo Paciencia cae na pugna con dous rivais e a bancada pide penalti

28

Falta botada por Óscar Rodríguez e o testarazo de Aspas vaise fóra. Pouco perigo por parte do Celta polo momento.

46

GOOOL DE IAGO ASPAS. Marcou o Celta na última xogada da primeira parte. Aspas definiu coa dereita, logo dunha deixada coa testa de Solari.

 

Comeza a segunda parte en Balaídos. Renato Tapia substituíu a Solari

Celta 1 - Español 0

52

Mellorou moito o Celta co gol e coa entrada de Tapia. Chegadas perigosas do propio Tapia e de Fran Beltrán

63

GOOOOL do Celta.  Marcou o 2-0 Gonçalo Paciencia, nunha xogada na que realiza unha excelente apertura á banda e envía á rede coa testa o centro de Javi Galán.

 

70

Estrease Carles Pérez co Celta. Substitúe a un aclamado Paciencia

71

Recurta diferenzas o Español. Marca Edu Expósito ao recoller un balón na frontal.  Inmellorable estrea do ex do Eibar

 

97

Gol de Joselu de penalti para o Español. O árbitro, logo de consultar co VAR, indicou a infracción de Mingueza sobre o propio Joselu.

 

Final do partido en Balaídos.

Un penalti transformado por Joselu no minuto 97 frustra o triunfo do Celta que tivo vantaxe cos tantos de Aspas e Paciencia. Edu Expósito recurtou para o Español no minuto 71. O empate chegou logo dun penalti cometido por Migueza sobre Joselu que observou o VAR.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar