Cargando resultados...
Sergio Ramos volve vestir a camisola do Sevilla despois de 18 anos
G24.gal
06/09/2023 21:48
Sergio Ramos foi presentado este serán como novo xogador do Sevilla. No seu retorno ao Pizjuán, o xogador da canteira do cadro andaluz levará o dorsal número 4. O de Camas quería acabar a súa carreira no club en que se formou e finalmente poderá cumprir este soño.
Tras a presentación, milleiros de persoas agardaban polo central no Sanchez Pizjuán. Ramos marchou do Sevilla con 18 anos. Agora volve con 37 para despedir a súa carreira profesional.