Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sergio Escudero recibe a alta despois da operación no cóbado

Sergio Escudero recibe a alta despois da operación no cóbado

O lateral esquerdo foi intervido o pasado 31 de xaneiro e non contaba con volver xogar esta temporada

G24.gal 29/04/2025 21:23

O lateral deportivista Sergio Escudero estará a disposición de Óscar Gilsanz para as últimas cinco xornadas do campionato. Escudero, operado do cóbado o pasado 31 de xaneiro, tiña moi complicado volver aos terreos de xogo esta mesma temporada pero acurtou os prazos e podería ter minutos nalgún dos últimos partidos.

Escudero, de 35 anos, viña sufrindo moitos problemas nesa parte do corpo durante as últimas campañas con constantes luxacións e decidiu pasar polo quirófano. Desde a súa chegada ao cadro coruñés o mes de xullo só puido disputar 10 partidos oficiais, 6 deles como titular. Tivo que agardar ata a novena xornada para estrearse por outra doenza e cando parecía consolidado no equipo titular despois de tres partidos no once inicial, tivo que volver parar polos continuos problemas no cóbado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar