Publicador de contidos

Publicador de contidos

Semana con só tres adestramentos para o Celta

Semana con só tres adestramentos para o Celta

A parada servirá para recuperar a Javi Rueda, Williot, Hugo Álvarez e Carlos Domíguez

G24.gal 12/11/2025 12:52 Última actualización 12/11/2025 13:34

Semana baixo mínimos para o cadro de persoal do Celta, xa que Claudio Giráldez só programou tres adestramentos. Despois de descansar na xornada deste luns -tras enfrontarse o domingo ao Barcelona-, os vigueses traballarán entre hoxe e o xoves, sempre en horario matinal na Cidade Deportiva Afouteza, e descansarán desde o venres ata o luns cando comezarán a preparar o partido co Alavés.

Durante a parada o conxunto vigués debería baleirar unha enfermería na que aínda permanecer Javi Rueda, Williot, Hugo Álvarez e Carlos Domíguez. Os dous primeiros están na recta final dos seus respectivos procesos de recuperación tras varias semanas de baixa, mentres que os dous canteiráns teñen escordaduras leves que tamén deben estar a piques de deixar atrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos