Publicador de contidos

Publicador de contidos

A segunda derrota da temporada do Compostela chegou en Móstoles

A segunda derrota da temporada do Compostela chegou en Móstoles

Adiantouse no marcador cun gol de Escudero pero o equipo madrileño remontou na segunda parte

G24.gal 06/02/2022 14:47

O Compostela sumou a segunda derrota da temporada no campo do Móstoles. Adiantouse no marcador no minuto 19 cun gol de Rodrigo Escudero pero non puido manter a vantaxe no marcador. 

O primeiro tempo foi de control santiagués, todo o contrario que na segunda parte na que o Móstoles presionou e atopou o premio nun remate de Martín Mantovani. Xa no 85, nunha acción moi protestada polos defensores galegos, Álvaro Portilla poñía o 2-1 que sería definitivo. 

No engadido Roberto Baleato puido empatar pero mandou o reu remate á trave. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade