Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta aposta para o ataque polo internacional suizo Seferovic

O Celta aposta para o ataque polo internacional suizo Seferovic

Non estaba a xogar no Galatasaray e o Benfica cédeo ao club vigués

Conseguiu pasar dos vinte goles en dúas temporadas na Liga Portuguesa

El Desmarque
G24.gal 31/01/2023 15:24 Última actualización 31/01/2023 20:50

O dianteiro internacional suízo Haris Seferovic chegou a Vigo para someterse ao habitual recoñecemento médico e, en caso de superalo, pechar a súa fichaxe polo Celta, onde xogará o que resta de tempada cedido polo Benfica.

O futbolista estaba a préstamo desde o pasado verán no Galatasaray, pero a entidade portuguesa decidiu cortar a súa cesión pola falta de minutos na Süper Lig (378 repartidos en dez partidos, 0 goles) para aceptar a oferta do Celta. No Benfica tivo moi boas temporadas anotando máis de vinte goles na 18-19 e na 20-21. 

No conxunto celeste, Seferovic vivirá a súa segunda experiencia na liga española tras o seu paso pola Real Sociedade no curso 2013-14 (24 partidos, 817 minutos e dous goles). É o primeiro reforzo invernal do Celta tras a saída de Denis Suárez ao Español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade