Publicador de contidos

Santi Tarrío sae de Suráfrica antes do bloqueo pola ómicron: "A xente entrou en pánico"

Santi Tarrío sae de Suráfrica antes do bloqueo pola ómicron: "A xente entrou en pánico"

Conseguiu un voo de volta grazas a un patrocinador

 

G24.gal 30/11/2021 15:50

O golfista galego Santiago Tarrío foi un dos afectados pola aparición da nova variante ómicron da covid no sur de África. Pasou por Zona mixta na Radio Galega para contar a súa odisea.

Viaxara aló para disputar os tres primeiros torneos do European Tour, a categoría en que se estrea esta tempada, pero as alarmas que saltaron en varios países europeos forzaron unha saída masiva e acelerada dos xogadores. 

Sen voos e con escadas

Tarrío non atopaba prazas nos voos que se organizaron para regresar a Europa. Mercou varios billetes que foron cancelados ata que un patrocinador, o domingo, conseguiu atoparlle un asento nun enlace con Ámsterdam e así puido chegar a Galicia de madrugada.

Medo a non poder estar nin nas festas

Declaraba o golfista que incluso pensou que non podería saír do continente africano:

“O noso temor era quedar atrapados e ter que pasar alí o Nadal”

“Comprei tres voos que se cancelaron, a unha media de dous mil euros por persoa”

Publicidade
Publicidade
Publicidade