Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santi Gegunde, especialista en fases de ascenso que busca ese obxectivo coa Sarriana

Santi Gegunde, especialista en fases de ascenso que busca ese obxectivo coa Sarriana

Leva sete disputadas e hai tres temporadas axudou ao ascenso do Vilalbés a Segunda Federación

G24.gal 13/06/2025 12:20 Última actualización 13/06/2025 12:43

O domingo xoga a Sarriana na casa do Pulpileño. Ida da final polo ascenso á 2ª Federación. Santi Gegúndez é dianteiro da Sarriana, hai dúas temporadas ascendeu co Vilalbés.

Hai oito anos, Santi Gegunde foi premiado por lanzar unha pelota fóra coa meta baleira para que atendesen o porteiro rival. Hoxe o dianteiro é loado na Sarriana por marcar once goles que lle permiten soñar co ascenso e igualar o seu mellor rexistro goleador en categoría nacional.

O dianteiro é un especialista neste tipo de fases. De feito, leva sete disputadas e hai tres temporadas axudou ao ascenso do Vilalbés a Segunda Federación. Polo tanto, Gegunde pretende compartir esa experiencia co resto de compañeiros para axudarlles a afrontar este tipo de encontros.

"Hai que darlle importancia a todos os momentos de partido".

No horizonte aparece o Pulpileño, un equipo do que Santi ten boas referencias.

"Case non encaixan goles pero é difícil conternos durante moitos minutos".

Como no lugar onde comezou de neno, Santi espera seguir marcando en Pulpí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar