Sanidade pide un uso responsable do teléfono de urxencias 061
As chamadas chegaron a medrar un 40 % despois dos contaxios do Nadal
A liña ten que estar libre para urxencias sanitarias e casos graves de covid
Para casos leves e información do coronavirus cómpre chamar ao 881 540 045
O único suposto en que un positivo de coronavirus debe chamar ao 061 é cando comeza a notar síntomas graves da enfermidade,
"Se de repente nota dor torácica, perdas de coñecemento ou unha dificultade para respirar que lle impide manter a conversación por falta de alento, aí si ten que chamar a esta liña", explica a Directora da Fundación de Urxencias Sanitarias 061, Adriana Regueira Pan.
Piden un uso responsable da liña, porque coa explosión de contaxios do Nadal as chamadas chegaron a medrar un 40 %. Recordan que a central ten que estar despexada para urxencias sanitarias en que o tempo de reacción é crucial.
"Infartos, accidentes laborais, de tráfico con vítimas graves..., neses casos si que o 061 é a maneira mais rápida de acceder ao sistema sanitario. Nós non estamos para tramitar baixas e todo ese tipo de cuestións", aclara Adriana.
Lembran que existe un teléfono para información e síntomas leves de covid, o 881540045. Por desesperante que sexa agardar ao teléfono neste pico da pandemia, o 061, din, non é unha liña alternativa para solucionar ese tipo de cuestións.