Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez di que España inicia unha carreira de fondo para converterse nun referente na industria de semicondutores

Sánchez di que España inicia unha carreira de fondo para converterse nun referente na industria de semicondutores

Ao longo do día mantén encontros cos máximos responsables de Intel, Qualcomm, Micron e Cisco, aos que está a expoñer detalles do PERTE sobre semicondutores

Un proxecto que, segundo revelou Sánchez ante o plenario do foro, contará con algo máis de 12.000 millóns de euros, mil máis dos previstos inicialmente

G24.gal 24/05/2022 14:05

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, afirmo este martes en Davos que España inicia "unha carreira de fondo" para converterse nun referente na industria dos semicondutores. Sánchez participa en diversos actos da segunda xornada do Foro Económico Mundial que se celebra nesta localidade suíza e aproveita a súa presenza para reunirse cos conselleiros delegados de varios xigantes tecnolóxicos. 

Ao longo do día mantén encontros cos máximos responsables de Intel, Qualcomm, Micron e Cisco, aos que está a expoñer detalles do PERTE sobre semicondutores que aprobou este martes o seu Consello de Ministro. Un proxecto que, segundo revelou Sánchez ante o plenario do foro, contará con algo máis de 12.000 millóns de euros, mil máis dos previstos inicialmente.

Tras a súa reunión co conselleiro delegado de Qualcomm, Cristián Amon, a primeira empresa mundial en deseño de semicondutores, o presidente do Goberno resumiu nas redes sociais a meta que se propón o seu Executivo neste ámbito. "España inicia unha carreira de fondo para converterse nun referente na industria dos semicondutores e queremos que Qualcomm sexa un socio clave", subliñou.

Ao seu xuízo, España é o lugar perfecto para desenvolver aplicacións de realidade estendida e intelixencia artificial. Sánchez entrevistouse tamén co conselleiro delegado de Intel, Pat Gelsinger, ao que agradeceu elixir España, en concreto o Centro de Supercomputación de Barcelona, para o laboratorio pioneiro de procesadores RISC-V. 

Sánchez, que se reunirá tamén ao longo da xornada co conselleiro delegado de Cisco, Chuch Robbins, entrevistouse así mesmo co máximo responsable de Micron, Szanjay Mehrotra. Nesa conversación recalcou que España quere liderar o obxectivo de situar o 20 % da produción mundial de semicondutores en Europa e ser "o anfitrión ideal" para os investimentos de Micron.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade