Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez avanza que Suecia e Finlandia estarán no cumio da OTAN en Madrid

Sánchez avanza que Suecia e Finlandia estarán no cumio da OTAN en Madrid

O próximo cumio da OTAN celebrarase na capital de España os días 29 e 30 de xuño

G24.gal 24/05/2022 12:08

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, afirmou este martes que os líderes de Suecia e Finlandia, dous países que pediron a súa adhesión á OTAN, estarán presentes en Madrid o próximo mes de xuño con motivo do cumio da Alianza.

Sánchez avanzou esa presenza na súa intervención ante o plenario do Foro Económico Mundial de Davos, onde resaltou a importancia de fortalecer a OTAN ante o desafío de Rusia tras a invasión de Ucraína.

O próximo cumio da OTAN celebrarase en Madrid os días 29 e 30 de xuño, e o xefe do Executivo subliñou que espera que dela salga unha maior unidade entre a UE e a Alianza Atlántica.Nese contexto informou de que o seu Goberno está a organizar unha cea informal entre os líderes europeos, pertenzan ou non á organización militar, e os da OTAN.

Para Sánchez, a inclusión de Finlandia e Suecia na OTAN é moi importante para a estabilidade da Unión Europea e para o futuro da Alianza.Asegurou que entre os aliados hai un sentimento favorable a acoller a estes dous países e que España está disposta a acelerar todo o trámite parlamentario nacional para que se converta en realidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar