Publicador de contidos

Sexto posto para Prado no mundial máis igualado da historia

Sexto posto para Prado no mundial máis igualado da historia

G24.gal 31/10/2021 12:46

Sétimo posto para Jorge Prado na primeira manga do Gran Premio de Italia logo de facer unha gran saída. Prado púxose no segundo posto, só por detrás de Jeremy Seewer, dominador desta carreira. Por detrás deles loitaban os favoritos para facerse co mundial de MXGP. Co paso das voltas Prado foi superado por Febvre, Herlings, Gajser e Cairoli. Jorge Prado pagou o esforzo e as molestias na súa costela fisurada e non puido manter o ritmo dos mellores. 

A segunda manga foi de dominio de Tim Gajser, por diante do gañador global do Grande Premio Jeremy Seewer. Outro dos triunfadores foi Romain Febvre que coa súa terceira posición é o novo líder do mundial. Herlings sufriu dúas caídas pero salvou os mobles ao recuperar postos ata o cuarto. Jorge Prado acabou na sexta posición. Foi o máis rápido na saída pero volveron penalizalo os seus problemas físicos. 

Na xeral do campionato Febvre é o novo líder, cun punto de vantaxe sobre Gajser e tres por riba de Herlings. Quedan dúas probas para o final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar