Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez: "O PSOE é o único capaz de pactar con empresarios e sindicatos"

Sánchez: "O PSOE é o único capaz de pactar con empresarios e sindicatos"

O líder socialista clausurou o congreso andaluz do PSOE en Torremolinos

Juan Espadas toma o relevo definitivamente de Susana Díaz

G24.gal 07/11/2021 15:00

Pedro Sánchez foi protagonista na clausura do congreso andaluz do PSOE en Torremolinos. O líder socialista sinalou que o PSOE é agora mesmo o único partido capaz de pactar con sindicatos e empresarios. Ademais dixo que o Goberno seguirá avanzando con sentido da xustiza social fronte aos atrancos da oposición.

A federación andaluza do PSOE, a máis numerosa do partido, remata neste congreso con seis meses de interinidade e Juan Espadas toma o relevo definitivamente de Susana Díaz cun 84 % de votos a favor. Na clausura congresual, Pedro Sánchez asegurou que o seu Goberno é de palabras e de feitos.

"Dixemos que iamos subir o salario mínimo interprofesional e subímolo; dixemos que iamos revalorizar as pensións e blindar o sistema público de pensións e estámolo facendo; dixemos que iamos crear un ingreso mínimo vital para loitar contra a pobreza infantil e creámolo; dixemos que iamos aprobar unha lei de vivenda e presentámola xa no Consello de Ministros".

O líder socialista sinalou que o Partido Popular só pon trabas, mesmo aos fondos europeos. Ademais, salientou que, pola contra, o PSOE é o referente do diálogo e do consenso no ámbito político.

"O único partido capaz de chegar a acordos con empresarios, con sindicatos, con institucións, xa sexan os gobernos autonómicos ou os gobernos municipais, e co resto de partidos políticos que antepoñan os intereses xerais aos intereses particulares é o PSOE".

Sánchez reivindicou a xestión do executivo ante a pandemia. Dixo que é un motivo de orgullo explicar no exterior como se chegou a un 90 % de vacinados e que agora a oposición cala ante este éxito colectivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade