Cargando resultados...
Rusia mobiliza o submarino nuclear que transporta "a arma da apocalipse"
Rusia mobiliza o submarino nuclear que transporta "a arma da apocalipse"
O torpedo Poseidón, coñecido como a arma da apocalipse, pode alcanzar os 10.000 quilómetros de distancia e é practicamente indetectable
G24.gal
03/10/2022 13:20
A OTAN alerta da mobilización do submarino nuclear ruso que transporta o torpedo Poseidón, coñecido como a arma da apocalipse.
Os Estados Unidos activaron a rede de satélites para facer un seguimento deste submarino, de 184 metros de eslora, que actualmente se atopa en augas do Ártico.
A arma da apocalipse pode acadar os 10.000 quilómetros de distancia, é practicamente indetectable e ten capacidade para unha cabeza nuclear de dous megatóns que podería xerar tsunamis radioactivos se explota cerca da costa.