Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reúne o seu goberno para fixar os obxectivos de 2026

Rueda reúne o seu goberno para fixar os obxectivos de 2026

O presidente da Xunta e os conselleiros manterán este sábado varias xuntanzas de traballo para coordinar a acción de todos os departamentos

É o segundo retiro que organiza o presidente Rueda tras o do ano pasado en Sober

G24.gal 15/11/2025 14:14

O retiro comezou esta mesma mañá. Hoxe o presidente Alfonso Rueda e os seus conselleiros manterán varias xuntanzas de traballo nas que coordinar as iniciativas de todos os departamentos.

Esta xuntanza celébrase a só unhas semanas de que o Parlamento de Galicia aprobe os orzamentos da Xunta para 2026., unhas contas que por primeira vez superan os 14 mil millóns de euros e reforzan o gasto social.

Esta é a segunda vez que Rueda convoca un retiro do seu goberno. O primeiro foi en setembro do ano pasado en Sober e con el recuperou a tradición que inaugurou Manuel Fraga nos anos 90 co obxectivo de preparar o curso político.

O retiro rematará mañá coa comparecencia de Alfonso Rueda ante os medios de comunicación, pero hoxe foi a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, quen explicou que esta fin de semana se vai falar, sobre todo, do futuro de Galicia: "Hai obxectivos que ten marcados a Xunta, un era ter as competencias da lei do litoral. Xa hai moito traballo feito, pero xa non falaremos de todo o feito senón do que imos facer ao longo do ano 2026".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade