Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda e os presidentes do PP piden convocatoria de eleccións ante a situación "crítica" de España

Rueda e os presidentes do PP piden convocatoria de eleccións ante a situación "crítica" de España

Cre que é necesario "poñer fin á situación que está a vivir España"

O presidente galego entrega ao Goberno unha proposta de real decreto-lei para aprobar as entregas a conta

Amosouse de acordo en seguir incrementando o investimento en vivenda, pero para programas fixados por cada comunidade, e non impostos

Iniciou o seu discurso en galego e continuou en castelán

 

Filipe VI e Alfonso Rueda saúdanse este venres en Barcelona ( EFE/José Jiménez/Casa de S. M. o Rei)
G24.gal 06/06/2025 12:31

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou, durante a súa intervención na Conferencia de Presidentes a convocatoria de eleccións xerais para "poñer fin á situación que está a vivir España".

Segundo fontes da Xunta, o presidente comezou o discurso en galego para dicir que "Galicia está moi orgullosa de ter unha lingua propia", e continuou a intervención en castelán para ser entendido "sen intermediarios". Alfonso Rueda foi o primeiro mandatario do PP en intervir e pediu un adianto electoral como o resto de compañeiros de partido.

Rueda, entregoulle a Pedro Sánchez unha proposta de real decreto-lei para aprobar canto antes as entregas a conta ás comunidades. O financiamento autonómico foi un dos temas que destacou Rueda na súa intervención nesta reunión, da que dixo que ten que ter o obxectivo de acordar e non quedar "só nunha foto".

En financiamento autonómico, Alfonso Rueda insistiu en que a proposta da condocación da débeda debe ir ligada a un novo modelo de financiamento autonómico e que Galicia"rexeita acordos biltaterais que racharía o principio de igualdade". En materia de vivenda, indicou que a oferta de pacto que fai o goberno é "un xiro respecto á política anterior".

Alfonso Rueda pediu a derrogación de medidas incluídas na lei estatal e coincidiu en que hai que aumentar o investimento, pero con programas "fixados polas comunidades e non impostos". O presidente da Xunta explicou que Galicia xa ten en marcha moitas iniciativas propostas pola Moncloa, como a cualificación permanente de vivenda protexida, e solicita a cesión de pisos desocupados da Sareb para uso social.

 

Alfonso Rueda xunto ao lehendakari Imanol Pradales na Conferencia de Presidentes Alfonso Rueda xunto ao lehendakari Imanol Pradales na Conferencia de Presidentes

Os presidentes populares piden adianto

Rueda foi o primeiro en reclamar eleccións neste encontro. Logo fixo o propio o andaluz Juanma Moreno, e a cántabra María José Saéz de Buruaga, na orde protocolaria da reunión, segundo a data de aprobación dos seus estatutos de autonomía.

"Sen Orzamentos, sen apoio parlamentario, con gretas no Consello de ministros, co seu partido dividido, e desbordado polas proliferación de casos de corrupción que avergoñan ao país, o presidente do Goberno debe acabar con isto e dar a palabra aos españois", destacan fontes do PP

O PP fixo fincapé en que trece das vinte administracións que sentan na mesa da Conferencia, que representan ao 70 % dos españois, están a pedir a Sánchez que "poña fin a unha lexislatura que nunca debeu empezar nos termos nos que o fixo".

"Hoxe dicímosllo no Palacio de Pedralbes de Barcelona. O domingo dirémosllo na Praza de España de Madrid. Eleccións xa", subliñan coa mirada posta na concentración convocada por Alberto Núñez Feijóo.

Moreno pediu a Sánchez que disolva as Cortes e convoque eleccións ante a situación política “crítica e convulsa” de España.

"Ante a falta de maioría social e parlamentaria" do presidente do Goberno, que é "incapaz" de presentar incluso un proxecto de lei de Orzamentos, xunto coa "crecente desafección e desconfianza na política" existente, Moreno pediulle que disolva as Cortes "canto antes, convoque eleccións e permita aos españois decidir”.

Segundo informaron a EFE fontes do Goberno andaluz, Moreno reclamou tamén que se sometan a votación os acordos que se adopten na reunión deste venres, entre eles as demandas en materia de financiamento autonómico como a convocatoria do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF).

Tras el, a presidenta de Cantabria, María José Sáenz de Buruaga, pediu eleccións xerais ao considerar que é a "única saída" neste momento a unha situación de "esgotamento, parálise e decadencia institucional". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade