Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ros marcha do Lugo reclamado por Albés para o Albacete

Ros marcha do Lugo reclamado por Albés para o Albacete

O central xogou ás ordes do adestrador galego no Celta B e no cadro lucense

G24.gal 25/07/2022 22:58

O Lugo e o Albacete chegaron a un acordo para o traspaso do central Juan Antonio Ros ao cadro manchego. Foi unha petición de Rubén Albés dun xogador da súa total confianza co que coincidiu no Celta B e ao que xa chamara para formar parte da defensa do cadro lucense. 

O xogador de 26 anos foi un dos defensas máis empregados a temporada pasada (31 partidos, todos eles de titular). Malia non ter experiencia na categoría demostrou ter o nivel para a Segunda División logo de acumular moitas experiencias na Segunda B. Na categoría de bronce xogara nos filiais do Barcelona, do Celta e do Vilarreal cos que estivo nos 150 partidos xogados. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar