Rodrigo Escudero "Tiña medo de sentir fatiga tralo Covid"
O goleador do Compostela en Palencia regresaba neste encontro á competición tras superar o Covid

Lonxe dos terreos de xogo por un positivo detectado hai unhas semanas, o encontro de la Balastera serviu para o regreso de Rodrigo Escudero, que non o dubidou á hora de coller a responsabilidade de anotar o penalti que lle serviu ao Compostela para empatar o partido.
"Estiven traballando para estar en forma. Hoxe saín dende o banco e estou ledo por axudar. Tiña o medo de ter fatiga polo Covid pero estiven ben. Vin para ser parte importante, marcar goles, dar asistencias"
Sobre o partido Rodrigo foi claro
"Tal e como se puxo o partido en contra, é un bo punto, pero temos sensacións de ter feito máis perigo para levarnos o triunfo. Xa son moitos empates. Os erros están penalizando. Cun erro e sempre imos a remolque"