Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Roberto Blach aspira a lograr o título de campión no WRC
Con Mauro Barreiro quedaron a un chanzo do podio no Mundial Júnior
                            G24.gal
                        
                            19/09/2023 15:15
                        
                        
                                Última actualización 19/09/2023 17:17
                        
                        
                    
                    Xa de volta na casa, Roberto Blach fai balance da súa actuación, canda a Mauro Barreiro, no Mundial de Rallys. A parella arteixá quedou a un chanzo do podio.
"Foi un soño facer un ano de mundial. Moi contentos da cuarta posición".
De Suecia a Grecia, foron cinco probas nas que non faltaron momentos complicados.
Vivencias que, asegura, fan del un mellor piloto. Ata o punto de se ver en condicións mesmo de loitar polo título o vindeiro ano.
"É difícil pero é posible".
Lembra que xa marcou algún scrach este ano. Talento e ambición non lle faltan.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        