Publicador de contidos

Publicador de contidos

Repasamos con Miki Villar os seus éxitos no fútbol de Polonia

Repasamos con Miki Villar os seus éxitos no fútbol de Polonia

O futbolista galego xa sabe o que é xogar competicións europeas e gañar títulos, unha Copa e unha Supercopa

Estes éxitos provocaron o interese de clubs galegos como o Deportivo e o Rácing

G24.gal 22/06/2025 13:23

Volver a Monteferro sempre lle trae bos recordos a Miki Villar.

Un lugar idílico onde relaxarse logo de dous anos e medio extenuantes en Polonia nos que acumulou cen partidos de máxima presión.

En xaneiro de 2023, Miki fichou polo Wisla Cracovia, o terceiro club en importancia de Polonia, co obxectivo de devolvelo a Primeira división, pero tivo que contentarse con gañar a Copa.

Os problemas ecónomicos e as presións levárono ata o campión de Liga, o Jagiellonia co que na última campaña disputou 49 encontros, participou nas tres competicións europeas, foi cuartofinalista na Conference, terceiro na Liga e gañou a Supercopa polaca cun gol seu ante o Wisla.

Os seus bos números en Polonia concitaron o interese de dous equipos galegos.

Desde Nigrán a Bialystok. 3.360 quilómetros é o camiño que separa a Miki Villar dun novo soño europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade