Renato Tapia está "avergoñado" pola situación do Celta
Luis Campos estivo hoxe no vestiario de Afouteza
Di Tapia que o Celta é o único club galego en Primeira e deben "estar orgullosos"
O centrocampista do Celta, Renato Tapia, compareceu en sala de prensa para abordar a delicada situación que vive o equipo, que se xogará a permanencia na última xornada. Aínda que non o é, exerceu un rol de capitán o internacional peruano, mandando mensaxes claras e contundentes:
"Hai poucas palabras, a situación non é a ideal. Xusto onte á noite levanteime ás 3:00 pensando que podía dicir nesta conferencia para facer crer aos compañeiros que se pode gañar e que a xente me poida crer".
Tamén puxéronse sobre a mesa as palabras de Iago Aspas, dicindo que avisara varias veces de que faltaba calidade:
"É a súa forma de pensar, hai que respectala. Compártese ou non. Hai que ser consecuentes co que dis. Na 1999/20, se mal non recordo, había xogadores top da talla de Rafinha, Sisto, Smolov, Santi, Brais, Denis ou o propio Iago e salváronse na última data".
Puxo en dúbida que fose o momento adecuado para facer esas declaracións, pero tamén deixou claro que "se o dixo Iago é porque sente, é a súa forma de pensar".
Para el, non é cuestión de calidade. Tapia declárase "avergoñado pola situación" en que están.
Proclama Tapia que o Celta é o único club galego en Primeira e deben "estar orgullosos":
"A xente que vén aquí traballa moi duro por este club. A fin de semana témolo que facer notar nós. Non hai outra. É o único que se pode facer". Desexa que se abra a bancada de Marcador por esa necesidade que teñen de sentir o apoio do público. E non revelou nada do que lles transmitiu Luís Campos, que estivo hoxe en Mos: "Queda no vestiario".