Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata o soño europeo do Ensino do xeito máis cruel

Remata o soño europeo do Ensino do xeito máis cruel

Entraría como un dos mellores terceiros se gañaba ou perdía por menos de catro puntos, pero acabou caendo por sete (60-53) en Valencia

Ao descanso gañaba por 17-26 e no último cuarto tivo seis de vantaxe (35-41)

G24.gal 02/12/2021 21:54

Acabou o soño europeo do Ensino que perdeu na pista do poderoso Valencia (60-53) e non puido entrar como un dos mellores terceiros pola diferenza de puntos. Logo de remataren os outros grupos o equipo lucense tiña claro que che chegaba a derrota sempre que non fose por máis de tres puntos de diferenza, unha marxe na que estivo durante todo o partido agás no último minuto. 

A concentración defensiva do Ensino foi a chave do primeiro tempo. Parece incrible deixar a un equipo como Valencia en 17 puntos nos dous primeiros cuartos e o equipo galego conseguiuno (17-26). Tarde ou cedo tiña que chegar a reacción do vixente campión da competición europea e no terceiro cuarto conseguiu poñerse por diante por primeira vez no encontro (32-30). De todos os xeitos o Ensino reaccionou e volveu a poñerse por diante cun +6 ao comezo do último cuarto (35-41). 

Todo o que non lle entrara a Valencia durante tres períodos comezou a entrarlle no derradeiro. O equipo Taronja anotou 25 puntos no derradeiro cuarto. Aínda así o Ensino mantívose no partido ata os últimos minutos (49-47) pero o acerto exterior de Valencia no último minuto e medio resultou demoledor. 

O Ensino vaise da competición cun balance de 2-4 (-39 puntos) e teríase metido cun balance de -35.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade