Publicador de contidos

Publicador de contidos

Todas as comunidades comezan a recuperar a subministración: Lugo, a cidade galega que máis avanza

Todas as comunidades comezan a recuperar a subministración: Lugo, a cidade galega que máis avanza

A recuperación da subministración eléctrica xa se empezou a producir en áreas de Cataluña, Aragón, País Vasco, Galicia, Asturias, Navarra, Castela e Léon, Estremadura e Andalucía

A cidade de Lugo recupera a subministración, pero en Ourense volveu caer a subministración en lugares que a recuperaran

Endesa recuperou a subministración de preto de 3,5 millóns de clientes ás 19:15 horas

Un axente da Policía Local da Coruña regulaba o tráfico despois do apagamento/Cabalar/EFE Un axente da Policía Local da Coruña regulaba o tráfico despois do apagamento/Cabalar/EFE
G24.gal 28/04/2025 17:36

Áreas de todas as comunidades autónomas afectadas polo apagamento comezaron xa a recuperar a subministración eléctrica, segundo datos de Rede Eléctrica e de usuarios.

En Galicia recuperaron a luz en varios concellos da provincia de Ourense e Lugo como Trabada, Carballedo, A Peroxa, O Pereiro de Aguiar, o Barco de Valdeorras e barrios de Ourense cidade. Barrios da cidade de Ourense, como o da Ponte, As Lagoas e O Vinteún, que recuperaran a subministración eléctrica a partir das 14.10 horas deste luns, aínda que con algúns cortes intermitentes, volveron a quedar sen luz a partir das 19.15 horas.

A luz volveu á cidade de Lugo progresivamente desde as 18.00 horas da tarde. A subministración comezou de novo polo lado este de a cidade e rapidamente estendeuse polo resto.

A operadora do sistema eléctrico español explicou que seguen "traballando en coordinación coas empresas do sector para recobrar paulatinamente o servizo en todo o territorio peninsular".

Segundo detallou a empresa a través da súa conta de 'X', as últimas comunidades nas que se foi restablecendo parte da subministración son a Comunidade de Madrid, Murcia, Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana.

Antes xa informara de que sucedera o propio en determinadas zonas de Cataluña, Aragón, País Vasco, A Rioxa, Galicia, Asturias, Navarra, Castela e Léon, Estremadura e Andalucía.

A operadora do sistema eléctrico español explicou que seguen "traballando en coordinación coas empresas do sector para recobrar paulatinamente o servizo en todo o territorio peninsular".

Ás 18.45 horas sistema eléctrico contaba xa 3.943 MW entre a capacidade autónoma de produción e a importada de países veciños.

Endesa recuperou a subministración de preto de 3,5 millóns de clientes ás 19:15 horas deste luns, o que supón máis dun terzo dos xestionados pola súa filial e-distribución en Aragón, Cataluña, Andalucía e parte de Estremadura, as súas zonas de distribución.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade