Rafa Benítez: "Este equipo dá a cara, corre e traballa"
Rafa Benítez: "Este equipo dá a cara, corre e traballa"
Incidiu en que o equipo está a facer as cousas ben e que están "no bo camiño"
Iago, Kevin, e Carl Starfelt son os tres capitáns
O adestrador do Celta, Rafa Benítez, incidiu na previa do partido deste xoves fronte ao Alavés en que o equipo está a facer as cousas ben e está "no bo camiño", como vén insistindo nas súas últimas comparecencias.
"Póñome a buscar que temos que facer para mellorar e estes partidos que veñen téñennos que axudar a subir na clasificación e na confianza", indicou sobre este duelo.
Benítez recalca que todos están a poñer moito do seu parte para seguir crecendo, do mesmo xeito que unha afección cuxo apoio non dubida que continuará. Quere que cada partido poidan ver "que este equipo dá a cara, corre, traballa", como así está a ser.
"É unha pena que botásemos o traballo para perder tanto eles (xogadores) como nós (corpo técnico). A ver se xuntándoo todo non temos que estar preocupados do que pase ao final".
Como anécdota, contou que un afeccionado díxolle pola rúa que lles meta cana.
"Pero é que corren e traballan moito", insiste.
Do moañés di que "é calidade e talento", pero que hai que ser conscientes da súa idade, características e condicións.
"Dicía que nos ten que dar calidade e estánola dando. Mentres Larsen e Tasos metan goles, que el dea asistencias. Pero gustaríame que marque porque el estaría máis contento», admitiu.
Rafa Benítez anunciou que os capitáns serán Iago, Kevin, e Carl Starfelt. Referiuse ao dianteiro de Moaña:
"El é calidade, talento (como Robbie Fowler) Temos que ser conscientes da súa idade, características, condicións"