Rafa Benítez: “Encántame ir a Mestalla, pero quero que o Celta progrese"
Recoñeceu que desde o punto de vista anímico era “importante” xogar esta eliminatoria a partido único en Balaídos
Rafa Benítez, adestrador do R. C. Celta, non escondeu este martes a súa satisfacción por regresar a Mestalla para medirse co Valencia na eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei que ambos disputarán o vindeiro mércores 17 de xaneiro.
“Encántame ir a Mestalla. A conexión que eu teño coa afección do Valencia vai estar sempre aí, porque loxicamente estamos a falar de gañar títulos. Pero tamén me entristece, porque tes que ir alí a gañar. O que eu quero é que o Celta progrese", indicou.
O técnico madrileño, que levou ao Valencia a gañar dúas Ligas e unha Copa da UEFA entre 2002 e 2004, recoñeceu que desde o punto de vista anímico era “importante” xogar esta eliminatoria a partido único en Balaídos, porque desde o cambio de formato o celtismo non viu xogar ao seu equipo como local na Copa.
“Temos que gañar esta eliminatoria e esperar que a seguinte rolda xa sexa máis factible, indicou Benítez, contento co rendemento que ofreceu a segunda unidade ante o Amorebieta porque “deron a cara nunhas condicións moi difíciles”.
“Pensabamos que o campo podía estar mal pero non tan mal. Cando vimos a auga, os charcos nas portería e logo aínda se deteriorou moito máis. Por iso esa reacción é o máis positivo dentro das moitas cousas positivas que houbo”, afirmou.