Puente insiste nas críticas ao Supremo por non aplicar a amnistía: "Non podemos quedar calados"
Puente insiste nas críticas ao Supremo por non aplicar a amnistía: "Non podemos quedar calados"
O PP sostén que Pedro Sánchez permitiu a fuga de Puigdemont
Salvador Illa pide deixar os Mossos fóra da confrontación política
Nin un paso atrás. O ministro Puente mantén a súa cruzada contra o Tribunal Supremo. O que ten que facer o poder xudicial, di, "é aplicar a lei de amnistía nos seus termos, non facer interpretacións que son moi difíciles de entender, non xa desde a lóxica xurídica, senón tamén desde a lóxica elemental".
Pero nega que criticar unha resolución se poida entender coma unha presión aos xuíces. Enmárcao dentro da liberdade de expresión. Sostén que nin el nin o Goberno pretenden meterlle presión a ninguén, pero engade que "o que non podemos facer é permanecer calados diante dunhas actuacións que non nos parecen correctas".
Non pensan o mesmo na Xustiza. Din que o Goberno leva tempo nun proceso de deslixitimación do Poder Xudicial. Moncloa confía en que o expresidente sexa amnistiado máis pronto ca tarde. Está en xogo o futuro da lexislatura. E insiste en cargarlle aos Mossos toda a responsabilidade da súa fuxida. Segundo o ministro de Transportes, "o goberno de España non tivo ningunha responsabilidade. Cando Puigdemont se presentou en Barcelona, rodeado de Mossos, puido perfectamente ser detido e non se fixo".
No PP están convencidos que a operación contou coa complicidade do Goberno. Segundo Elías Bendodo, Pedro Sánchez sabíao todo, "sabía o plan de Puigdemont, sabía da súa chegada e tamén da súa fuxida". E apuntan a Salvador Illa. Di o vicesecretario do PP que "ninguén se engane, en Cataluña segue habendo un presidente independentista. É sintomático o que vai facer hoxe o señor Illa, que vai ir a sede dos Mossos, supoño que para darlle as grazas por non cumprir a lei".
O novo presidente da Generalitat quixo apoiar esta maña a Policía Autonómica, na que foi a súa primeira visita oficial como presidente. Comprometeuse a garantir que poidan traballar "afastados da confrontación política".
Entrementres, Salvador Illa estreouse cun acto de apoio aos Mossos en plena crise por Puigdemont. Esta mañá visitou a central da Policía catalá en Sabadell, para trasladarlles unha mensaxe de confianza e escoitar as súas demandas. É a primeira visita que realiza como presidente da Generalitat. Pide deixalos traballar afastados da confrontación política.