Cargando resultados...
Prórroga no desaloxo do poboado chabolista da Pasaxe, na Coruña
Prórroga no desaloxo do poboado chabolista da Pasaxe, na Coruña
O 31 de xaneiro é a a nova data para que os que aínda quedan nas chabolas, as abandonen
![](https://img-g24-crtvg.flumotion.com/prog24/2021/20211221/colPRORROGADESALOXOAPASAXE_frame_0(1).png)
G24.gal
21/12/2021 12:25
Costas prorroga o prazo de desaloxo para as familias que seguen vivindo no asentamento chabolista da ponte da Pasaxe, na Coruña.
O 31 de xaneiro é a nova data para que os que aínda quedan nas chabolas, as abandonen. A prórroga atende unha demanda dos Servizos Sociais do Concello para que todos os residentes marchen de forma voluntaria.
Cando remate o desaloxo porase fin a un asentamento que naceu hai 35 anos. Os terreos son de dominio público e Costas quere acondicionalos como parte dos traballos de recuperación da ría do Burgo.