Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira derrota do Deportivo Abanca nun accidentado partido contra o Español (1-0)

Primeira derrota do Deportivo Abanca nun accidentado partido contra o Español (1-0)

O encontro estivo suspendido durante 50 minutos por culpa da chuvia, que anegou o campo

As españolistas superan o equipo coruñés na clasificación e pasan a ser as novas líderes

G24.gal 15/10/2023 13:12 Última actualización 15/10/2023 13:43

O Deportivo Abanca perdeu o primeiro partido da temporada no campo do Español (1-0), que pasa a ser o novo líder da Primeira Federación feminina. 

Comezou moi forte o Español, con dous avisos sobre a portería de Yohanna. No terceiro (minuto 16) chegou o gol marcado por Mar Torres. 

Pouco máis houbo que contar nun período inicial de escasas opcións. No descanso caeu unha tromba de auga que anegou o campo. A colexiada tivo moitas dúbidas para reiniciar o encontro e houbo que agardar 50 minutos para que se puidese poñer o coiro en movemento. 

O Deportivo entrou moi forte no segundo tempo con boas ocasións para ADT e Ainhoa Marín, pero co paso dos minutos o Español volveu controlar a situación e acabou levando a vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade