Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira bóla de partido para certificar a permanencia do Celta

Primeira bóla de partido para certificar a permanencia do Celta

Sácalle cinco puntos ao Cádiz, e se consegue rematar o seu partido cun punto máis de vantaxe, garantirá a presenza en Primeira para a vindeira temporada

G24.gal 14/05/2024 21:17

O Celta pode certificar a permanencia este mércores, a falta de dous partidos. Non só depende do que pase en Balaídos, pero si que se trata sobre todo de gañarlle ao Athlétic. Non hai horario unificado. Cando empece o Celta, ás dez da noite, xa saberá o resultado do Sevilla-Cadiz e o Raio-Granada. Os implicados na permanencia teñen rivais que xa non poñen nada da en xogo. O Athlétic ten asegurada a liga Europa.

A resposta física dos xogadores é unha incógnita, nunha semana con tres partidos. Iago Aspas xogou os 90 minutos no Metropolitano. Haberá recibimento especial do celtismo na que agardan sexa a noite da permanencia. Claudio Giráldez confía na mellor versión que ten o seu Celta na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar