Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os incendios en Cáceres e Málaga obrigan a desaloxar milleiros de persoas

Os incendios en Cáceres e Málaga obrigan a desaloxar milleiros de persoas

De madrugada houbo que facer máis desaloxos e cortar estradas

A UME ten 609 persoas e 193 unidades traballando na extinción dos lumes

G24.gal 16/07/2022 14:18

Os medios aéreos retomaron esta mañá os labores de extinción do incendio declarado na serra de Mijas, en Málaga, un dos que preocupan máis. Afecta un perímetro de preto de 1.900 hectáreas e é difícil de combater pola orografía da zona e a densidade da vexetación.

A proximidade das lapas aos concellos de Alhaurín el Grande e Alhaurín de la Torre obrigaron a desaloxar máis de 3.000 veciños, 765 deles esta madrugada, aínda que tamén se permitiu o regreso ás súas casas duns 300.

A conselleira de Agricultura de Andalucía indicou que a situación meteorolóxica non ía axudar este sabádo.

"Hoxe imos ter unhas condicións moi similares ás de onte, por tanto non son favorables".

O parque de Monfragüe, ameazado

Tamén houbo que evacuar de madrugada dúas localidades e cortar a autovía A5 na provincia de Cáceres, polo incendio que comezou o xoves en Casas de Miravete e que ameaza o parque nacional de Monfragüe.

É o que ten peor evolución dos desatados en Estremadura. No das Hurdes seguen traballando sen pausa, pero alí polo menos a noite foi máis tranquila.

A Unidade Militar de Emerxencias participa na extinción de todos os incendios de maior envergadura e perigosidade. Vémolos nos arredores de Morasverdes, en Salamanca, unha localidade que tamén tivo que ser desaloxada onte ante o avance do lume orixinado en Monsagro. Un lume que se logrou ir aplacando nas últimas horas.

Precisamente, o ministro do Interior visitou esta mañá o posto de mando avanzado dese operativo. Marlaska agradeceu o labor de todos os efectivos depregados contra os lumes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade